Sutil manipulación
Días estranhos é unha blog escrita en galego que ven de facer unha entrada sobre un acto de Aturuxo (non atopei ligazón), un colectivo LGBT. Ó parecer queren celebrar o aniversario dun episodio espontáneo de rebeldía fai 25 anos. A idea era que o evento fora no mesmo escenario do suceso orixinal, a cafetería Manhattan da Coruña, como símbolo do cambio da sociedade neste tempo. O problema foi que o propietario negouse.
Dende logo este home perdeu unha boa posibilidade de facer negocio, publicidade e relacións públicas todo da mesma tacada e gratis. Se foi por motivos homófobos é totalmente condenable. Como tamén é condenable que os de Días Estranhos fagan o post todo en galego agás o título: Fuera Maricones.
Technorati Tags: Galicia, Nacionalismo, LGBT
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home